Hoxe Publicase na intranet de xustiza o anuncio dunha comisión de servizo na Xefatura do Servizo de Persoal da Administración de Xustiza coas seguintes características:
Denominación do posto: Xefatura do Servizo de Persoal da Administración de Xustiza
Centro de destino: Dirección Xeral de Xustiza
Consellería: Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo
Grupo: A1, A2
Adscrición: indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e Administración de Xustiza.
Admisión de solicitudes: desde 11/01/2021 ata 18/01/2021
Podes ver máis detalles sobre o anuncio na seguinte ligazón e descargar o modelo de solicitude aquí.