Saíu publicada a Resolución do 25 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de setembro de 2020, polo que se aproba o acordo acadado o 3 de agosto de 2020 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Data de inicio de presentación de solicitudes: 6 de outubro do 2020.
Data de finalización de presentación de solicitudes: 27 de outubro do 2020.
Instrucións:
A solicitude debe facerse e presentarse obrigatoriamente de maneira telemática a través da OPAX.
Ao entrar na OPAX aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a "Traxectoria profesional". Ao premer no enlace da traxectoria profesional, o sistema informarao de se cumpre ou non os requisitos.
- No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e presentala.
- No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez que acceda á solicitude, deberá marcar o/s requisito/s que non consta/n precargado/s pero que o/a solicitante pode acreditar, para o cal achegará a documentación xustificativa correspondente xunto coa propia solicitude.
MOI IMPORTANTE: non basta con gravar a solicitude: hai que asinala e presentala a través da aplicación, cun certificado dixital ou mediante as credenciais de acceso á OPAX. No caso de que cree máis dunha solicitude, só será válida a última presentada.
Na sección de "Axuda" pode descargarse a guía de usuario coas instrucións para realizar a solicitude.