Publicado o acordo do 03/09/2020 para a implantación da carreira profesional na Administración de xustiza de Galicia


5 oct 2020


 

 

 

 

 

 



Hoxe publicase no DOG a Resolucióndo 25 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de setembro de 2020, polo que se aproba o acordo acadado o 3 de agosto de 2020 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

 

1. O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dipoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es.

O acceso á OPAX poderá realizarse cunha das seguintes modalidades de identificación:

a) Se se dispón dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro), poderase acceder con este e a súa correspondente clave.

b) De non disporen dun certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes accederán á OPAX mediante o seu usuario e contrasinal. Para o caso de que o sistema non recoñeza o usuario como válido ou de que este non lembre o seu contrasinal, farase uso da opción habilitada na OPAX para estes efectos.

2. Unha vez realizada a identificación na OPAX, o solicitante deberá seleccionar a opción correspondente a «Traxectoria Profesional». O sistema informático informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos de acceso segundo os datos que figuran neste.

No caso de que o sistema informe de que non se reúnen os requisitos de acceso, a persoa solicitante poderá acreditar que os cumpre, se é o caso, anexando a oportuna documentación acreditativa á propia solicitude.

A persoa solicitante, despois de comprobar que todos os datos son correctos, deberá asinar e presentar a solicitude.

Para poder asinar e presentar a solicitude, deberase dispor dun certificado dixital válido ou da tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, regulada mediante Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 12 de setembro de 2011 (DOG núm. 182, do 22 de xullo). Así mesmo, e segundo o establecido no punto 4 do artigo 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX) admitiranse as credenciais de acceso dos usuarios, como sistema de sinatura para a realización dos trámites indicados, garantindo a acreditación da autenticidade da expresión da vontade e consentimento das persoas interesadas.

3. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo.

Para ver a Resolución, preme aqui