CCOO ASINA O ACORDO DE CARREIRA PROFESIONAL/TRAXECTORIA PROFESIONAL PARA O PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE GALICIA


11 jun 2020


CCOO de Xustiza

Onte, mércores  10 de xuño os sindicatos CCOO, UGT e SPJ USO asinaron en Santiago o acordo acadado o 13 de marzo deste ano entre estes sindicatos e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia polo que se aproba a TRAXECTORIA PROFESIONAL  DO PERSOAL AO SERVICIO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, que supón unha gran mellora retributiva nas nóminas das compañeiras e compañeiros da Administración de Xustiza en Galicia que se ampliará ao longo do tempo.

A Carreira Profesional ou Traxectoria Profesional, (o que menos nos preocupa e o nome)  está recollida no apartado 10 do Acordo de maio de 2018,   que nunca formou parte ,nin tan sequera se contemplou na plataforma reivindicativa da folga da xustiza galega. Só antes da firma dese Acordo os  sindicatos asinantes  CCOO, UGT e SPJ USO, incluíron a Carreira Profesional como un punto  a maiores, que agora vaise converter quizás no mais importante, tanto economicamente  como no noso futuro profesional.

En CCOO valoramos os acordos polo que significan de avance, que son consecuencia da negociación colectiva e da capacidade de interlocución que temos as organizacións sindicais que actuamos desde a coherencia, a perseverancia e a presenza.

Este Acordo  garante as cantidades reflectidas como mínimas, xa que de ser superiores as que no seu día se poidan aprobar polo Ministerio de Xustiza na futura Carreira Profesional a nivel nacional “en Galicia seguira percibindo as diferenzas retributivas que lle correspondan conforme este último, sen que en ningún caso se poida producir mingua económica ningunha por esta causa”, supón unha mellora que apoiamos e que esperamos que os funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza en Galicia valoren na súa xusta medida.

A Carreira Profesional/Traxectoria Profesional, e un dereito dos traballadores, xa recollido no EBEP, non unha obriga, polo que a voluntariedade, e unha da súas principais carateristicas. Ninguen esta obrigado a desenrolar unha carreira profesional, pero todo o mundo ten o dereito de solicitala e desenrolar a súa vida profesional.

Recolle o Acordo un sistema excepcional e transitorio do grao inicial e I, polo que redúcese de maneira importante o tempo de consolidación do grado I e II, tal como se reflicte no cadro adxunto. Así, forenses e xestores consolidan o grado I en 3 anos e tramitadores e auxilios en 2.  O grao II, o consolidan os forenses / xestores en 4 anos,e 3 anos para tramitadores / auxilio, sendo  o requisito, estar en servicio activo, ter  5 anos de antiguedade a 31 de decembro 2019 e  cumprir un dos requisitos contidos no anexo I.

CCOO iniciou no ano 2014 na Comunidade Autonóma de Valencia a revindicación da implantación da Carreira Profesional ou Plan de Actuación,  que recollimos en Galicia é impuxemos na firma do Acordo  do 2018 e que na Mesa Sectorial do 13 de marzo, foi avalado polos  sindicatos firmantes .

O Acordo no aspecto retributivo è retroactivo a xaneiro deste ano, e esperemos que entre agosto e setembro, se  faga efectivo na nómina.

TRAXECTORIA PROFESIONAL
GRUPO
*CONTÍA ANUAL POR GRAO
PORCENTAXES E CONTÍAS
ANO 2020
ANO 2021
ANO 2022
ANO 2023
ANO 2024
ANO 2025
ANO 2026
FORENSES
A1
2.515,68
PORCENTAXE
20%
66,6%
100%
25%
50%
75%
100%
ANUAL
503,14
1.675,44
2.515,68
3.144,60
3.773,52
4.402,44
5.031,36
MENSUAL
41,93
139,62
209,64
262,05
314,46
366,87
419,28
XESTORES
A2
1.760,64
PORCENTAXE
22%
66,6%
100%
25%
50%
75%
100%
ANUAL
387,34
1.172,59
1.760,64
2.200,80
2.640,96
3.081,12
3.521,28
MENSUAL
32,28
97,72
146,72
183,40
220,08
256,76
293,44
TRAMITADORES
C1
1.135,44
PORCENTAXE
33,3%
100%
33,3%
66,6%
100%


ANUAL
378,10
1.135,44
1.513,54
1.891,64
2.270,88


MENSUAL
31,51
94,62
126,13
157,64
189,24


AUXILIOS
C2
963,72
PORCENTAXE
33,3%
100%
33,3%
66,6%
100%


ANUAL
320,92
963,72
1.284,64
1.605,56
1.927,44


MENSUAL
26,74
80,31
107,05
133,80
160,62