A Dirección Xeral de Xustiza comunicanos por mail que a publicación da Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial prevese para o 02.06.2020. A mencionada publicación terá lugar na intranet e na web da Consellería.
Xunto coa resolución publicarase tamén a seguinte nota informativa :
Unha vez en vigor as
novas listaxes de persoal interino, as listaxes anteriores quedarán
anuladas, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes
destas.
Os interinos que estaban
en suspensión temporal nas anteriores bolsas, deberán solicitar
novamente a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16
da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de
persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos
xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
A continuación,
facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais
correspondentes:
Xefatura Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Praza de Luís Seoane, s/n,Edificio
Administrativo Monelos,
15008 A Coruña.
Correo electrónico :
servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Tfno. 981184472/981184456
Xefatura Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Rolda da Muralla, nº 70,
27071 Lugo.
Correo electrónico:
persoal.presidencia.lugo@xunta.es
Tfno. 982294308/982294360
Xefatura Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Paseo da Habana, nº 79,
32004 Ourense.
Correo electrónico:
sxsal.xustiza.ourense@xunta.es
Tfno. 988386408
Delegación Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar,
Correo electrónico:
servizoxustiza.vi@xunta.gal
Tfno. 986817716/986817788