Na Resolución do 25/05/2020 que regula a Fase 2 da desescalada na Administración de xustiza de galicia, no seu punto 4, refirese a exclusión de participación nas quendas por causa de ter recoñecido permiso por deber inescusable. O punto 4 dí de xeito literal,
4.Exclusión formal de participación en quendas.
Exclúese da participación nas quendas presenciais:
a) O persoal que teña recoñecido o permiso por deber inescusable por patoloxías susceptibles de agravarse por efecto da Covid-19, en tanto o servizo de prevención non verifique en que condicións pode prestar servizos en situación de seguridade.
O persoal incurso nesta causa de exención deberá acreditar no prazo de dous días dende a publicación desta resolución, ante o respectivo servizo de persoal de xustiza, que presentou a correspondente solicitude de avaliación da súa situación por parte do servizo de prevención, requisito imprescindible para que se lle autorice o correspondente permiso durante a presente fase de desescalada. O permiso concederase con carácter provisional, sempre que quede acreditada a presentación da dita solicitude, en tanto o mencionado servizo non emita o correspondente informe.
b) O persoal que teña recoñecidos permisos por razón de deber inescusable, que non poida flexibilizar o seu horario de traballo ou que non poida desenvolver a súa actividade ordinaria na modalidade de teletraballo.
O referido permiso, nesta fase 2 da desescalada, afecta aos empregados:
-Con fillos menores de 14 anos q ue convivan co funcionario, ou a aqueles cuxo exercicio da garda ou custodia lles impida a normal participación nas quendas presenciais.
A referida circunstancia xustificarase no prazo de dous días dende a publicación da presente resolución mediante fotocopia do libro de familia e volante de empadroamento onde conste a convivencia. Este volante poderase substituír por declaración responsable.
- Con persoas maiores de 14 anos dependentes ao seu cargo que necesiten atención para realizar actividades básicas da vida diaria.
A referida circunstancia xustificarase no prazo de dous días dende a publicación da presente resolución mediante documento expedido polo organismo competente no cal conste a situación de dependencia ou peche do centro no cal estaba a recibir atención a persoa dependente.
O persoal que solicite permiso por deber inescusable deberá achegar unha declaración responsable en que se indique que non hai outra persoa que se poida facer cargo do seu coidado. No suposto de que ambos os proxenitores ou responsables dos menores, ou dos maiores de 14 anos dependentes, teñan a condición de empregados públicos, só un deles poderá facer uso deste permiso, debendo facer constar na declaración a dita circunstancia.
Os permisos por deber inescusable concedidos nas fases anteriores enténdense prorrogados ata o día 25 de maio. Dende esa data, o persoal deberá solicitar o novo permiso a través da OPAX.
-As xefaturas territoriais poranse en comunicación a través do correo corporativo(xustiza.gal) con todas aqueles funcionari@s acollid@ s a estes permisos, para que no prazo de dous días desde a publicación da resolución (26 e 27 de maio ) actualizen os seus permisos para poder seguir excluidos das quendas.
Aqueles que desexen acollerse por primeira vez ao permiso por deber inescusable deberan facelo a través da OPAX e aportar a documentación oportuna.