Remitida pola Dirección Xeral de Xustiza nota aclaratoria á Resolución 14 de abril de 2020 sobre servizos mínimos


14 abr. 2020






  A Dirección Xeral de xustiza remítenos  a seguinte  nota aclaratoria á  Resolución do 14 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se determinan os servizos mínimos na Administración de xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, adaptándoos ao Real decreto lei 487/2020, do 10 de abril


"Ante as diversas consultas formuladas, aclárase o seguinte:

No que atinxe aos órganos unipersoais, a resolución do Ministerio de Xustiza, e a súa adaptación en Galicia a través da Resolución do 14 de abril, comprende neste tipo de órganos a presenza obrigada dun xestor ou dun tramitador por xulgado, e a maiores, a dun auxilio xudicial por cada grupo de xulgados descritos na Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 14 de abril."