Nota informativa da DXX sobre o prazo posesorio do concurso de traslado


20 mar 2020


 









NOTA INFORMATIVA SOBRE PLAZO POSESORIO
 
A programación dos ceses e dos prazos posesorios do concurso xeral de Xestión, Tramitación e Auxilio (adxudicación de destinos publicada no BOE do 18 de febreiro de 2020) viuse afectada polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. Na súa disposición adicional terceira sinalase:
 
1. Suspéndense  términos e  interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reanudarase no momento no que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.
 
3. No obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución motivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuízos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste  a sua conformidade con que non se suspenda o prazo.
 
Consideramos que, en efecto, interrómpense os prazos mencionados  no concurso xeral.  Pero iso non impide que se  algún funcionario quixera tomar posesión antes de que finalizara o prazo inicialmente establecido poida  facelo.
Neste caso o funcionario  deberá dirixir unha comunicación a súa Xefatura Territorial de destino coa documentación necesaria segundo a instrución publicada en data 11/02/2020 na intranet de Xustiza e na páxina web  da Consellería por mor do concurso de traslados.
 
Xefaturas territoriais:
 
A Coruña:
servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
 
Lugo:
personal.presidencia.lugo@xunta.gal
 
Ourense:
sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
 
Pontevedra:
servizoxustiza.vi@xunta.gal