Publicada a adxudicación en comisións de servizo das 21 prazas de nova creación derivadas do acordo asinado por CCOO o pasado 23 de maio de 2018


4 feb. 2020





Publícouse na intranet de xustiza a Resolución do 4 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos vacantes de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, efectuada por Resolución do 25 de novembro de 2019, como consecuencia do Acordo asinado por CCOO o 23 de maio de 2018.

Todo o persoal funcionario seleccionado deberá incorporarse ao órgano xudicial asignado o vindeiro día 14 de febreiro de 2020.

No caso de que algún dos adxudicatarios non se presente ao posto adxudicado, terase por renunciado e cubrirase o posto co seguinte funcionario da relación definitiva de puntuación.

Pode consultar a nota informativa para o persoal adxudicatario con destino noutra comunidade autónoma nesta ligazón.Para ver a Resolución, preme aquí