A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos o seguinte mail : .
Asunto: Bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza
en Galicia, convocada pola Resolución do 18 de marzo de 2019 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG núm. 59)
"Para
o voso coñecemento, damos traslado da incidencia detectada por
unha comprobación posterior á reunión Comisión Paritaria que tivo lugar o
pasado día 25/11/2019 nas
listaxes provisionais de admitidos e excluídos da bolsa de interinos do
persoal ao servizo da Administración de Xustiza e que afecta
exclusivamente á valoración dos exercicios aprobados das últimas
convocatorias de Xestión e Tramitación procesual (ORD/ JUS/1165/2017
e ORD/ JUS/1166/2017).
Nas
ditas convocatorias, a diferenza doutras anteriores, divídese o
primeiro exercicio en dous exames: un de tipo test e outro de tipo
práctico, debendo os aspirantes superar
ambos para poder ter o primeiro exercicio como apto, e pasar así ao
segundo.
Esta
diferenza con respecto ás anteriores convocatorias provocou un erro na
lectura dos datos efectuada pola aplicación informática, de forma que os
datos destas oposicións
cargados na OPAX, e que os solicitantes podían ver e validar no seu
caso ao cubrir a solicitude, nalgún caso resultaron incorrectos.
A
esta circunstancia engádese que os certificados de notas do Ministerio
non fan distinción entre exame e exercicio, de forma que algúns
solicitantes achegaron certificados
de aprobar o primeiro ou o segundo exercicio cando en realidade, só
tiñan aprobado un exame do primeiro exercicio, pero non o exercicio
completo.
Debido
a estas circunstancias, é necesario corrixir a baremación de 20
persoas, de maneira que 8 delas pasarían a estar excluídas por non
cumprir o requisito específico
do artigo 3.1 b) da convocatoria mentres que 12 obterían unha puntuación
menor.