Publicada a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas en substitución


5 nov. 2018








Publicouse con data do 31 de outubro de 2018 a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos.
Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, e serán comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.