Modificación da Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións


3 jul 2018



dog.jpg






No Dog do día 02/0//2018 publícouse a RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.










Esta modificación normativa terá por finalidade que o persoal que realice a substitución

nun corpo inmediato superior perciba, ademais das retribucións complementarias, a diferenza

entre as retribucións básicas do seu corpo de pertenza e as correspondentes ao

corpo a que está adscrito o posto que efectivamente desempeñe.







Esta compensación económica virá xustificada pola especial responsabilidade e dedicación

que realiza o persoal funcionario que exerce funcións propias dun grupo de clasificación

superior ao que pertence.




A percepción desta diferenza será efectiva desde o primeiro día do mes en que se asinou o acordo do día 23/05/18 acadado ente a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO,UGT e CCOO.




Polo tanto percibirase esta compensación económica ( 250 ,11 euros nas substitucións do corpo de tramitación ao corpo de xestión e 151,93 euros nas substitucións que se fagna do corpo de auxilio xudicial ao corpo de tramitación) ,con efectos dende o 1 de maio de 2018.


A dita  resolución queda redactada nos seguintes termos:

Primeiro. O artigo oito queda redactado como segue:

«Artigo 8. Retribución

Os funcionarios que realicen unha substitución nun corpo inmediato superior percibirán,
ademais das retribucións complementarias do posto que desenvolvan en substitución, a
diferenza entre as retribucións básicas do seu corpo de pertenza e as correspondentes ao
corpo a que estea adscrito o posto que efectivamente desenvolva».

Para ver a resolución , preme aqui