Solicitude para o caso de NON querer acollerse ao prorrateo dos descontos pendentes de aplicar por xornadas de folga


29 may 2018





Na seguinte ligazón ponse á disposición do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia o modelo de solicitude para o caso de que NON desexe acollerse ao rateo dos descontos por xornadas de folga pendentes de aplicar na nómina.

A dita solicitude deberá remitirse ao enderezo electrónico servicio.persoal.xustiza@xunta.gal que figura no propio impreso antes das 14:00 horas do vindeiro xoves 31 maio de 2018.