Manifesto Folga 25-X
Ano 1863. A gran Rosalía, farta da
discriminación contra os galegos escribía:
Aló van, malpocadiños,
todos de esperanzas cheos,
e volven, ¡ai!, sen ventura
cun caudal de desprezos.
todos de esperanzas cheos,
e volven, ¡ai!, sen ventura
cun caudal de desprezos.
Van probes e tornan probes,
van sans e tornan enfermos,
que anque eles son como rosas,
tratádelos coma negros.
O 25 de Xaneiro de 2018, 155 anos despois, centos de galegos, fartos xa da discriminación sufrida, decidimos percorrer as rúas de Compostela para amosar o noso enoxo, para berrar XA ESTÁ BEN.... XA ESTAMOS FARTOS....
FARTOS de seguir de emigrantes por España adiante porque a Xunta non lle di ao Ministerio de Xustiza as prazas que hai vacantes na nosa terra para que llas ofreza aos galegos que están fóra. Non, o que fan é amortizalas ILEGALMENTE, sen autorización do Ministerio.
Conselleiro de Xustiza, Sr. Rueda, ESTE DELITO NON VAI QUEDAR IMPUNE.
FARTOS de escoitar que OS FUNCIONARIOS GALEGOS COBRAMOS 2400 euros
de media. Quen? Serán os seus altos
cargos e asesores, postos a dedo por
vostede, Sr. Feijoo, para que cobren máis de 4000 euros mensuais. Son eses,
que teñen como mérito ser amigos seus, os que suben esa media. Non os funcionarios galegos. Os que
temos unha oposición aprobada non cobramos iso nin de lonxe. Pero non lle debemos favores a ninguén…
Estamos FARTOS de ver como os compañeiros doutras CCAA cobran máis ca nós por facer o mesmo traballo, FARTOS de facer tarefas que non nos corresponden e logo non se nos pagan.
FARTOS de padecer unha enfemidade e sufrir descontos inda por riba. Desprézannos, culpabilízannos e fannos pagar por enfermar. Xuíces, fiscais, letrados de xustiza e compañeiros doutros territorios collen unha simple gripe e non lles descontan. Os funcionarios galegos, se nos poñemos enfemos, TEMOS QUE PAGALO.
XA ESTÁ BEN HOME, xa está ben!!!!
Acaso non lembrades cando Nuñez Feijoo un mes antes das eleccións dixo publicamente que non se podía pedir máis esforzos aos empregados públicos, tras o recorte da paga extra???
A partir do mes seguinte confiscounos, E DURANTE CATRO ANOS, entre 10.000€ e 3.500€.
Non lembrades cando o Presidente todo ufano dicía
que eramos a Galicia da Champion League? e mentras a Xustiza Galega era
discriminada con respecto ao resto do Estado
Este é
o goberno da HIPOCRESÍA; por
unha parte recoñece que os empregados públicos contribuimos de XEITO NOTABLE E DIRECTO a
recuperación económica e ao cumplimento do compromiso do gasto, soportando unha
parte importante do esforzo de austeridade pero por outra banda négannos os
dereitos dos que gozan en toda España.
E mentres
temos que aguantar ver como Feijoo sube o seu soldo e os dos seus conselleiros
un 7%...
FARTOS, xa estamos FARTOS, queremos o que é noso, o q nos roubastes, o q nos corresponde polo noso traballo. Non só por nós, tamén para poder atender aos cidadáns cunha Xustiza que funcione mellor, e para iso hai que encher as mesas de funcionarios, e tratarnos con DIGNIDADE!!!
E non
imos pasar por menos. Sr.
Feijoo e Sr. Rueda, Seguro que xa Rosalía de Castro pensaba en vós cando escribía:
pois tan mal corazón
tendes,
secos fillos do deserto,
que se amargo pan vos
gañan,
dádesllo envolto en veneno.