Convocatoria do Comité de seguridade e saúde laboral o día 23/02/2017


17 feb. 2017



No día de hoxe , recibimos correo da Dirección xeral de xustiza, convocando para o vindeiro día 23/02/2017 o Comité de seguridade e saúde laboral, nas dependencias da EGAP, coa seguinte


 Orde do día:

1.       Lectura e aprobación da acta da reunión anterior 

2.       Programación anual SPRL 2017

3.       Información respecto das avaliacións de riscos e outras actuacións realizadas nos edificios xudiciais

4.       Información respecto das actuacións efectuadas nos edificios xudiciais de Padrón, Santiago de Compostela e Corcubión derivadas das inspeccións efectuadas pola ITSS

5.       Información sobre implantación de plans de emerxencia e evacuación de edificios

6.       Información respecto das solicitudes de adaptación de postos e adscricións provisionais por motivos de saúde

7.       Avaliacións de riscos psicosociais e protocolo de acoso laboral

                  8.       Rolda de intervencións