Consulta expediente electrónico OPAX


2 may 2016


 

 



Na intranet publícase que a partir do vindeiro día 03.05.2016 estará dispoñible a última versión da Oficina Virtual do Persoal ao Servizo da Administración de Xustiza, coa inclusión da nova opción de consulta do expediente electrónico, funcionalidade coa que se terá acceso á consulta dos seguintes datos:

· Datos persoais

· Datos administrativos

· Titulacións/Nivel de galego

· Trienios

· Cursos

· Destinos desempeñados

Ao mesmo tempo, e co fin de poder completar os expedientes persoais, habilítase a opción de modificación/actualización de datos, onde poderán completar a información que se amose, apoiando a petición coa documentación acreditativa pertinente, para a súa posterior validación polo servizo de persoal correspondente.

Tanto as solicitude de modificación coma as de actualización serán tramitadas de forma electrónica, para o que se requirirá a sinatura dixital do solicitante mediante o emprego dalgún certificado dixital válido (tarxeta de identificación do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou un certificado dixital admitido pola Sede electrónica da Xunta de Galicia).

CALQUERA CONSULTA EN RELACIÓN CO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO RESOLVERASE EXCLUSIVAMENTE POR VÍA TELEMÁTICA.