Aviso sobre as irregularidades nas nosas nóminas


2 feb 2016


Ante as numerosas irregularidades  nas últimas nóminas derivadas do mal funcionamento do novo sistema de xestión de nóminas, o programa Breixo, colgouse na intranet xudicial o seguinte aviso:



Debido á posta en marcha dun novo sistema informático da nómina  do sector público galego, téñense producido algunhas incidencias que as respectivas habilitacións provinciais están a resolver co CIXTEC.
Para axilizar a atención ás persoas interesadas recoméndase que, en vez de utilizar a vía telefónica para comunicar a incidencia ás habilitacións, a comunicación se faga vía correo electrónico.
Habilitación da Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.es
Habilitación de Lugo:  servicio.persoal.xustiza@xunta.es
Habilitación de Ourense: nominas.presidencia.ourense@xunta.es
Habilitación de Pontevedra:  servizoxustiza.vi@xunta.es