A
proposta formativa para o ano 2016 incluirá, por fin, a convocatoria dos cursos
de linguaxe xurídica galega nivel superior tantas veces demandados dende CCOO
Onte, 30 de
novembro,tivo lugar na EGAP a comisión de formación coa asistencia das
organizacións sindicais CCOO,UGT,CIG e
USO, a Dirección Xeral e representantes da EGAP.
A EGAP presentounos a
proposta de formación continua para o
ano 2016.
A maior novidade é que,
por fin,tras a resolución do conflito laboral cos profesores de galego, convocaranse 5 edicións de cursos de linguaxe xurídica galega,
nivel superior para o ano 2016.
-Para os funcionarios
pertencentes á Comunidade Autónoma de Galicia
:
3
edicións con 30 prazas cada unha (cun total de 90 prazas) .
-Para os funcionarios
de xustiza que se atopan fora da Comunidade :
2 edicións con 30 prazas cada unha ( cun
total de 60 prazas)
Todas estes cursos ofertaranse na modalidade
de teleformación.
A EGAP propón a realización dun curso presencial de Xurisdición
contencioso-administrativa que tería lugar en Santiago. Dende CCOO , pedimos
que o contido deste curso se englobase dentro dos módulos xa existentes da xurisdición
contenciosa na modalidade de teleformación.
Dende CCOO seguimos
apostando pola continuidade dos módulos
formativos que xa se iniciaron en anos anteriores, polo que , solicitamos que respecto
aos novos cursos propostos pola EGAP : A
Custodia compartida nas crises matrimoniais , Xurisdición Voluntaria,
se englobe dentro dos módulos civís e os
cursos de Prisión Provisional como Medida Cautelar
persoal no Proceso Penal se englobe tamén dentro dos módulos penais.
Dende CCOO pedimos
tamén a convocatoria dun curso de Atención ao cidadán e á vítima.
Para ver a proposta
formativa preme
aquí.