Ampliación do plazo vacacións e asuntos particulares 2015.


16 nov. 2015





A Dirección Xeral publicou o pasado venres 13 de novembro, a resolución que amplía o plazo para o gozo dos días de vacacións e asuntos particulares (tanto os ordinarios coma os adicionais) ata o 31 de marzo de 2016.

O artigo 503.1 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, establece que "por causas xustificadas, os funcionarios terán dereito a iguais permisos e coa mesma extensión ca os establecidos na normativa vixente aplicable aos funcionarios da Administración xeral do Estado".

O Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado e se adoptan outras medidas en materia de emprego público e de estímulo á economía, modifica o artigo 48 do Estatuto básico do empregado público, que queda redactado como segue: "Os funcionarios públicos terán os seguintes permisos:
-Por asuntos particulares, seis días ao ano".

O dito real decreto lei engade, ademais, no Estatuto básico do empregado público a disposición adicional décimo cuarta, que establece que "as administracións públicas poderán establecer até dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ao cumprir o sexto trienio, que se incrementarán, como máximo, nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo", e mais a disposición adicional décimo quinta, que establece que "cada Administración pública poderá establecer até un máximo de catro días adicionais de vacacións en función do tempo de servizos prestados polos funcionarios públicos".

Este real decreto lei, de acordo coa súa disposición derradeira terceira, entrou en vigor o día da súa publicación no BOE.


Tendo en conta as datas en que se produce a entrada en vigor da modificación mencionada e os movementos do persoal como consecuencia do concurso de traslados, e para facilitar o gozo dos días que por vacacións e asuntos particulares estean pendentes de desfrutar os/as funcionarios/as, esta dirección xeral resolve autorizar a súa concesión (tanto dos ordinarios coma dos adicionais) ata o 31 de marzo de 2016, respectando en todo caso as necesidades do servizo.