Hoxe publicouse na intranet que o vindeiro venres 6 de novembro publicarase no BOE e no DOG a Resolución do
19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de
Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados para prazas
vacantes entre funcionarios dos corpos e
escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e
administrativa e auxilio xudicial da
Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 20 de maio de
2015.
Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos
realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino.
Por cuestións organizativas, a formalización da toma de posesión terá
lugar entre as 9.00 e as 11.30 h e a dos
cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 h, de luns a venres. Á marxe das datas
de cesamento fixadas na resolución (corpo
de tramitación o día 11/11/2015, auxilio e xestión o día 16/11/2015),
no caso de que un funcionario reingresado
tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o
mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo
posesorio.
No caso de cesar e tomar posesión na mesma
localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas as
formalizacións poderanse facer o día da
toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de
adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e
baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou
delegacións territoriais precisan para
abrir ou completar os expedientes persoais das persoas que tomen posesión dun
novo posto*.
Persoal procedente de fóra da
comunidade:
- Fotocopia do DNI
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
- Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011) e/o tarxeta da MUXEXU
- Certificado de haberes
- Certificado ou copia dos trienios
- Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan
- Modelo 145 (IRPF)
Persoal destinado na comunidade:
- Fotocopia do DNI
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
Para o caso dos cesamentos do persoal que obteña novo destino fóra da
Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento deberán facer
entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario,
e asinar o impreso
acreditativo de tal circunstancia. No caso de non ter que
formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade nun corpo distinto do que estaba a
prestar servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal ao correspondente servizo de
xustiza.
Para
ter acceso á información sobre as adxudicacións definitivas, prema a seguinte
ligazón coa páxina do Ministerio.