O Goberno galego aprobou o calendario laboral do vindeiro ano 2016, que incluirá como festivos autonómicos o 17 de maio e 24 de xuño.
O vindeiro ano haberá dous festivos que coinciden en domingo, o 1
de maio e o 25 de decembro, polo que a Xunta propón como festivos
autonómicos o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas; o venres 24 de
xuño, festividade de San Xoán, ademais do luns 25 de xullo, Día de
Galicia
O Consello da Xunta aprobou o pasado 2 de xullo, o calendario laboral para o
vindeiro ano 2016.
En total, son doce días que inclúen a axenda de festivos estatais e autonómicos de 2016, aos que se sumarán dous festivos locais que deciden os concellos.
Para velo calendario pincha aquí.