Novo módulo de petición de permisos,licenzas e vacacións.


9 mar 2015



O pasado dia 6 de marzo,  entrou en  funcionamento un novo módulo para a solicitude, xestión e anulación dos permisos, licenzas e vacacións. Con este cambio, a petición de todos eles farase a través do apartado persoal da oficina virtual, e nos máis dos casos a tramitación pasa a ser completamente electrónica, como xa viña sucedendo coas vacacións e asuntos particulares. Esta tramitación electrónica esténdese igualmente á anulación de solicitudes xa concedidas e á achega da documentación xustificativa necesaria para cada caso.
Na axuda dispoñible poderá ser consultado o manual do usuario, para resolver calquera dúbida sobre a tramitación. Á súa vez, para cada un dos casos habilitouse unha ficha na que figura a información xeral básica, a forma de xustificación, a normativa reguladora e o órgano competente para súa resolución.
Debido á posta en marcha desta nova versión do programa, se houbera algún problema para o acceso á OPAX a través da ligazón habitual, prema na seguinte ligazón: OPAX.