Hoxe, 2-2-2015, publícase no DOGA a resolución do 28 de 
xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, 
Administracións Públicas e Xustiza, pola que se lle dá publicidade á campaña de 
vixilancia periódica da saúde para o ano 2015 no ámbito da Administración xeral 
da Xunta de Galicia.
É aplicable a todos os traballadores da Xunta de Galicia agás ao persoal que 
presta servizos nos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación e 
Ordenación Universitaria, ao persoal e centros dependentes do Servizo Galego de 
Saúde e mais ao persoal de entes públicos e fundacións.
O prazo de inscrición rematará transcorridos 30 días naturais dende o día 
seguinte ao da publicación da resolución no DOG (isto é, do 3 de febreiro ao 4 
de marzo).
NOTA: A solicitude farase de xeito telemático. 
Para realizala poderá picar na seguinte ligazón á páxina web do Servizo de 
Prevención de Riscos Laborais: http://www.xunta.es/prevencion-de-riscos-laborais
