Substitución entre titulares


28 nov 2014



No día de hoxe publícase na intranet de xustiza unha substitución entre titulares, así como a adxudicación de postos da última convocatoria que podedes consultar aquí

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

 Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II (descargar aquí), , ate o 2 de decembro inclusive, anticipando a instancia por fax ao 981546222 facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

CCOO segue demandando a igual traballo, igual salario e, por outra banda, rexeita que a carga da proba sobre se unha praza entra a substitución recaiga sobre un traballador que está de baixa, xa que senón se achega informe médico polo que se confirme que a IT vai ser de longa duración non se están a publicar as substitucións, tendo en conta que a primeira baixa é por quince días, resulta deixar ao arbitrio da boa disposición dun traballador en proceso de IT que a substitución sexa publicada ou non.