mércores 12 de novembro de 2014
- O Goberno coa reforma da Lei de Seguridade Cidadá e do Código Penal, pretende implantar un estado policial
- Os días 13 e 23 de novembro haberá concentracións e manifestacións en todo o territorio galego
A nova lei de seguridade cidadá e a reforma do Código penal evidencian o seu obsesivo centralismo, os nulos principios democráticos polos que se rexe o PP e a que clase de intereses serve. Mentres actúa con esta dureza contra os movementos sociais, a clase traballadora e a realidade plurinacional do estado, mantén unha actitude de moita permisividade respecto aos delitos económicos que cometen os seus amigos e o capital financeiro.
Asoga
Estas reformas normativas teñen como obxectivo reprimir a contestación social.
O PP está provocando, coas reformas laborais e sociais e coas súas políticas económicas, un recorte de dereitos e unha crecente precariedade das condicións de traballo e da calidade de vida das persoas. Ante a contestación social que xeran tales políticas, promove estas reformas para impedir protestas que as poñan en cuestión.
O exercicio democrático e constitucional do dereito á folga e a outros medios de protesta e reivindicación estano poñendo en cuestión as autoridades públicas mediante:
• Diferentes causas e actuacións penais contra das persoas traballadoras e dos grupos de reivindicación social por supostas actividades delituosas durante o desenvolvemento de manifestacións, concentracións ou calquera outra forma pacífica de contestación, ou mesmo de defensa dos dereitos que nos están arrebatando.
• Un inusitado protagonismo do ministerio fiscal.
Por estas vías pretenden deslexitimar a resposta da cidadanía fronte ás reformas e actuacións inxustas propostas polo poder político deste Goberno.
Coa reforma do Código penal tipifícanse como delito unha serie de accións sociais que até o de agora non tiñan esa consideración.
• desorde pública
• atentado
• desobediencia
• resistencia á autoridade, etc.,
o que supón un ataque frontal a dereitos sobre os que asenta a participación democrática: liberdade de reunión, manifestación e de folga.
O PP reforma a lei de seguridade cidadá
• para actuar de forma inmediata e contundente contra a conflitividade social que eles crean; evitan así depender de xuíces e maxistrados que non estean dispostos a colaborar na súa política represiva e de recorte das liberdades públicas;
• para substituír a infracción penal pola infracción administrativa, á marxe das garantías xurisdicionais, para desalentar a mobilización social, actuando con total discrecionalidade e arbitrariedade;
• para aumentar as infraccións (pásase de 30 a 57 e créanse até 36 novos tipos) e as contías das sancións, que se fixarán sen considerar o patrimonio das persoas afectadas (1.000 euros as leves, 30.000 as graves e 600.000 as moi graves);
• para despenalizar as faltas co fin de evitar o control da xustiza penal, facendo as sancións inmediatamente executivas; elimínanse así as garantías da presunción de inocencia (pagamento de taxas, presunción de veracidade da actuación da policía, etc.).
A tutela xudicial só opera unha vez imposta a sanción e grava a cidadanía coa carga de promover un proceso sometido a custos adicionais á propia sanción; custos incrementados tamén de forma arbitraria coa reforma da lei de taxas xudiciais.
Preténdese a persecución de todo tipo de mobilizacións e mesmo o exercicio de dereitos fundamentais:
• Castiga as «ofensas» ás institucións, himno e símbolos do Estado español; reprime as manifestacións públicas a través de panfletos ou bandeiras que supostamente inciten á alteración da orde pública. Impídese o dereito á folga e as concentracións diante de calquera espazo común, público ou privado (mesmo fóra das horas de apertura), contra a vontade do seu propietario, arrendatario ou titular.
• Sanciona duramente os peches, escraches, concentracións contra un desafiuzamento, cortes de tráfico, despregamento de faixas, manifestacións diante das sedes parlamentarias, manifestacións de empregados/as públicas con roupa de servizo, colgar carteis, facer pintadas, acampadas de protesta, recollida de sinaturas ou colocación de mesas nas rúas.
• Promove os controis, rexistros, identificacións, cacheos e detencións pola vía da inmobilización «polo tempo estritamente necesario», para actuar ante accións que poidan provocar alarma social.
• Prohibe a participación en protestas con carapucha, casco ou obxecto que cubra o rostro. Castiga como desobediencia e resistencia á autoridade a negativa a identificarse.
• Implanta unha censura previa de aplicación discrecional contraria á Constitución, ao limitar a captación e difusión de sons, imaxes ou datos de membros das forzas de seguridade do Estado nas súas intervencións públicas, o que socava o dereito da cidadanía a recibir unha información veraz e plural, imposibilita e amedrenta o traballo xornalístico —un dos garantes dese dereito—, promove a impunidade no abuso policial contra os dereitos civís ao impedir a existencia de posíbeis probas gráficas de intervención desproporcionada das forzas de seguridade.
Con esta reforma represiva, o Goberno pretende
• converter o conflito social nun continuo conflito de orde pública; camiñamos cara a un estado de carácter policial, onde
• obrigar á colaboración cidadá coa policía baixo imposición de sancións, ao tempo que se amplía a impunidade na actuación policial, que non terá o deber de identificarse nin de exhibir identificación ningunha e terá plenas facultades para o uso inxustificado e desproporcionado da violencia;
• ampliar as competencias da policía para desaloxos, disolución, mesmo preventiva, de reunións e manifestacións así como as gravacións indiscriminadas de persoas e lugares.
E mentres se aplican estas reformas represivas,
• desmantélase o sistema público da Administración de xustiza realizando outras reformas que limitan e impiden o acceso aos xulgados, ben establecendo cantidades económicas para acudir á Administración de xustiza, privatizando servizos que antes eran públicos e gratuítos
• traspásanse aos notarios, rexistradores e profesionais privados, servizos que eran públicos, gratuítos e de fácil acceso; e modifican a actual estrutura xudicial, suprimindo partidos xudiciais en localidades, desprazando xulgados a capitais de provincia.
Todo isto deteriora extremadamente o servizo público da xustiza encarecendo os custos e eliminando a proximidade e a facilidade para o acceso á xustiza.
Por todo o dito, as organizacións e entidades que conformamos a ALIANZA SOCIAL GALEGA denunciamos estas novas reformas do PP, claramente dirixidas a impedir o exercicio de dereitos fundamentais, e chamamos o pobo galego a dar unha resposta colectiva que impida este atentado ás liberdades públicas e este golpe de Estado encuberto.
Non podemos permitir este paso atrás, non podemos calar ante a criminalización da protesta social, ante o retroceso inaceptábel das liberdades públicas e das vías de participación democrática que pretende o Goberno do PP e nos sitúa nun escenario que nos retrotrae, en moitos aspectos, á época do franquismo.
A Mesa pola Normalización Lingüística; ADICAE GALICIA; Altermundo; ANPAS GALEGAS; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Cívico-Cultural Terra de Outes; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es (AGAMAR); Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Autónomos de Galicia, AUGA-UPTA; Boa Vida Inclusión Activa; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia; Colectivo Encontro Benestar Social; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONGDs; Escola Viva; Federación de Asociacións Culturais
CALENDARIO DE CONCENTRACIÓNS E MANIFESTACIÓNS CONTRA LEI SEGURIDADE CIDADÁ
1.- A Coruña
13 novembro, concentracións ás 20 horas diante da Sede do PP A Coruña.
23 novembro, manifestación ás 12 horas, saída da Praza de Pontevedra
2.- Ferrol
Día 13 de novembro, ás 19 .30 horas, diante da sede do PP
Día 23 de novembro, ás 12 horas desde a Praza de España.
3.- Compostela
Día 13 novembro, ás 19.30 horas no local do PP de Alfredo Brañas.
Día 23 novembro, Saída ás 12 horas da Alameda e remate en Platerías.
Ribeira : só concentración o 13 de novembro ás 19,30 horas diante do local do PP,
4.- Lugo
Día 13 novembro, concentración ás 20 horas na sede do PP en Lugo.
Día 23 de novembro, manifestación ás 12 horas con saída do Edifizo Sindical.
En Burela, concentración o día 13, diante da sede do PP ás 18.30horas.
5.- Ourense
Día 13 de novembro, concentración diante da sede do PP ás 20 horas.
Manifestación o día 23 as 12 horas, percorrido: dende a Praza Maior ata a Subdelegación do Goberno.
6.- Pontevedra
Día 13 de novembro, concentración día 13 diante da sede do PP en Pontevedra, cruce rúas raiña Victoria, Rosalía de Castro ás 19:30 hrs.
Manifestación día 23, saída da Ferrería ás 12:00
Vilagarcía : o 13 de novembro, concentración ás 20 horas diante do sede do PP
O 23 de novembro, manifestación ás 12 horas, saída da Casa do Mar de Vilagarcía.
7.- Vigo
Día 13 de novembro, ás 19.30 horas diante da sede do PP.
Día 23 de novembro, manifestación pero hora e saída por determinar.