Folla informativa, Gallardón, Mugeju e outros


24 sept 2014




GALLARDÓN, DIMISIÓN!! 

A dimisión de Gallardón é a proba palpable de que a presión social si que sirve, hoxe é un día para felicitar a todas as mulleres que defenderon o seu dereito ao aborto, a todos os activistas sociais das PAH e as preferentes, e a todas as persoas dos colectivos da Xustiza, avogados, xuíces e sobre todo funcionarios, que non se renderon e participaron en todas as mobilizacións contra o Ministro máis déspota da historia da democracia, o faraón que pretendía facer da Xustiza pública o que fixo coa M30, unha chea de furados para beneficio de intereses privados. No entanto, CCOO seguirá loitando e esixe do Presidente do Goberno:

 1.- Que retire a privatización dos Rexistros Civís 

 2.- Que deixe sen efecto o proxecto de reforma da LOPX e non o eleve ao Consello de Ministros para a súa aprobación 

3.- Que derrogue a lei de Taxas Xudiciais e que escoite o clamor cidadán antes de aprobar a lei de Xustiza Gratuíta e Xurisdición Voluntaria, que constitúen o inicio do proceso de desmantelamento da Administración de Xustiza 

MUGEJU, PORQUE É NOSA, PORQUE É DE TODOS 

CCOO presenta candidatura á compromisarios para a Mutualidade cun programa claro: recuperar todos as prestacións suprimidas no ano 2012 cando hai dotación orzamentaria máis que suficiente (axudas para gastos de sepelios, transporte e acompañamento de enfermos, moitas prestacións dentais e oculares, etc) 

Os nosos candidatos, Nicolás Santos e Juanma Amado, teñen unha recoñecida traxectoria como compromisarios da Mugeju, un forte compromiso para a defensa do que é de todos e nos queren usurpar. CCOO ten un programa non que se incentiva a democracia e a participación dos traballadores nas decisións que tome a Mugeju, programa que pretende ser desvirtuado a golpe de R.D. polo Ministerio de Xustiza. 

Necesitamos os vosos votos para lexitimar unha Mutualidade ao servizo dos funcionarios e non das entidades médicas privadas. A votación será o 22 de outubro, podedes solicitar o voto por correo descargando o impreso na nosa web ou enviando un correo a sectorxustizaccoo@gmail.com 


ACTIVIDADE SINDICAL

 CCOO segue a loitar na defensa dos vosos dereitos, na semana pasada presentamos ante a DXX as seguintes reivindicacións por escrito 

- Dotación de medios materiais e persoais para os recoñecementos médicos, infradotados até o punto que non sirven aos fines de vixiancia da saúde

 - Apertura dun prazo de dez días para que os interinos podan escoller a bolsa na que queren ser colocados, segundo a mellor puntuación ou a mellor posición, e que non sexa a discreción da administración, en aras a unha maior transparencia e obxectividade das bolsas de interinos 

 - Escrito solicitando mesa sectorial para tratar as substitucións: que sexa o mecanismo preferente como así se recolle na orde, que se activen as negociacións para a súa retribución íntegra, e que o sistema de quendas de auxilio sexa suplido por outro negociado máis xusto e que non provoque discriminacións entre compañeiros.

 Galicia, 24 de setembro de 2014