Nova vacatio legis Rexistro Civil


17 jun 2014


O anuncio nos medios de comunicación por parte do Subsecretario de Justicia, Juan Bravo, da publicación dunha nova vactio legis para a lei do Rexistro de Caamaño, que desxudicializaba os Rexistros Civís, asegurando que en todo caso, de haber unha reforma respectaríanse todos os postos de traballo e a gratuidade dos actos de inscrición, contradise co baleirado de contido dos Rexistros Civís, cun goteo incesante de proxectos de lei que privatizan actos rexistrales, saíndo da esfera do público e gratuito, para pasar a ser competencia de operadores xurídicos privados, polos que haberá que pagar taxas elevadas:

1.- Matrimonios civís: o proxecto de lei de xurisdición voluntaria, actualmente no Congreso, outorga a tramitación dos expedientes de matrimonio civil aos notarios, previo pago dun arancel de 95 euros, compartindo unha función que era do Rexistro Civil en exclusiva.

2.-Proxecto de lei de concesión da nacionalidade á comunidade sefardí: dáse a competencia exclusiva para acreditar a condición de sefardí aos Notarios, quen elevarán a proposta ao Ministerio de Xustiza. Os que precisen acceder a este trámite, deberán pagar unha taxa de 75 euros

3.- No mesmo proxecto, establécese unha taxa xeneralizada de 75 euros para todo aquel que queira adquirir a nacionalidade española por residencia ou carta de natureza, taxa que ten un tinte proteccionista e altamente discriminatorio, dadas as dificultades económicas de moitos inmigrantes

Hai que ter en conta que os matrimonios civís e os expedientes de nacionalidad por residencia constitúen o maior volumen dos expedientes que tramitan hoxe os Rexistros Civís, co que se está preparando o camiño para que inscricións e certificacións queden gratuitamente no Rexistro, e así vender o fume de que seguirá sendo público, pero o groso dos expedientes pasarían aos Notarios e Rexistradores con taxas elevadas, sen ningún tipo de progresividade e con fins unicamente recadatorios e de lucro privado.

Os responsables do ministerio poden facer moitas declaracións empatizantes cos funcionarios logo da mobilización sostida e dun varapalo electoral, pero a realidade está no BOE, onde publican os ataques incesantes contra a cidadanía e os empregados públicos. Podemos vender que o Rexistro civil vaise manter con todos os traballadores na órbita do público, pero iso non casa co seu baleirado de funcións. Ao igual que acontece cos Xulgados de Paz:  prométese que continuarán pero fan desaparecer as faltas e o Rexistro,  e no anteproxecto de LOPX dise que o persoal dos xulgados de paz pasará a integrar os sevizos comúns xerais.

Polo tanto dende CCOO si celebramos que se paralice a reforma do Rexistro Civil, grazas a presión e mobilización dos traballadores e traballadoras en todo o Estado, pero non baixaremos a garda nin cesaremos na loita ante un ministerio que ao ser incapaz de privatizalo , en vista da oposición da cidadanía e os empregados públicos, quere colarnos unha reducción de competencias brutal do Rexistro, que, por moito que digan, influirá inevitablemente no cadro de persoal, e, como xa se está vendo, na perda da gratuídade dos actos ante o Rexistro Civil, e non só iso, senón as garantías que ofrece para o usuario que permanezan na órbita do público.