No DOG do venres publicáronse as festas de carácter autonómico para o ano 2015. O cambio máis salientable é que o 6 de decembro xa non celebraremos a Constitución cun día festivo, será que coa reforma do artigo 135 que antepón o pago da débeda ao gasto social non queda nada que celebrar.
Artigo 1. Festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015
Ademais das festas de ámbito estatal que se sinalen, para o ano 2015 decláranse festas laborais propias da Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter retribuído e non recuperable, as seguintes:
20 de marzo
|
Día seguinte a San Xosé
|
2 de novembro
|
Día seguinte a Todos os Santos
|
25 de xullo
|
Día Nacional de Galicia
|
Artigo 2. Festas locais
Conforme o disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no artigo 1.11º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, tamén serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, dúas festas locais, propostas polo órgano municipal competente dos respectivos concellos, cuxa publicación no boletín oficial de cada unha das provincias da Comunidade Autónoma será determinada pola persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar. Estas festas locais publicaranse, así mesmo, no Diario Oficial de Galicia.