Aviso urxente: retraso nos pagos das nóminas na provincia da Coruña


30 abr 2014


Os funcionarios e funcionarias con destino na provincia da Coruña percibirán a súa nómina o día 2 de maio, segundo nos informou a Dirección Xeral a última hora da mañá.

A responsabilidade foi un erro na transmisión de ficheiros por parte da entidade financeira, o Banco Popular, un banco que tivo un beneficio de 63 millóns de euros no primeiro trimestre do ano.

A frialdade e retraso na transmisión desta información non merece comentario: semella que os altos dirixentes bancarios ou os postos de alta dirección na administración non sofren as consecuencias da crise, non teñen hipotecas ou dificultades para chegar a fin de mes, ou non foron vítimas coma nós dos recortes retributivos que nos impón o goberno.

Demandamos que se esixan responsabilidades por un feito que non é a primeira vez que ocorre, que é intolerable, de enorme transcendencia e incluso dramático para aqueles que teñen recibos hipotecarios a primeiros de mes, feito que merecería sancións económicas para o Banco e unha actitude máis firme por parte da administración.




A Coruña, 30 de abril de 2014