Aviso de substitucións


28 abr. 2014


Na intranet de xustiza publicáronse as seguintes substitucións, con prazo para solicitalo o 28, 29 e 30 de abril. As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma. As solicitudes adiantaranse vía fax ao 981546222 (curto 46222), cubrindo o ANEXO II que aparece na Intranet e que podedes descargar premendo aquí

 A CORUÑA 

XDO. INSTRUCIÓN 3 A CORUÑA
Corpo: Tramitación Procesual e Administrativa
Motivo: comisión de servizos

LUGO 

XDO. DE PAZ QUIROGA
Corpo: Xestión Procesual e Administrativa
Motivo: vacante
OURENSE 

XDO. 1ª INST/INSTR. 2 O BARCO DE VALDEORRAS
Corpo: Auxilio xudicial
Motivo: vacante