Asembleas informativas sobre os cambios da Mugeju en Ourense, Ferrol e Lugo


19 ene. 2014


Actualizado 19/01 23:30

Os vindeiros días terán lugar nas cidades de Ourense, Ferrol e Lugo asembleas informativas para explicar a todos os traballadores da Xustiza os novos recortes da Mugeju e o monumental engano aos mutualistas que supón o novo concerto sanitario 2014 da Mugeju coas entidades aseguradoras privadas.

CCOO, a vista de que transcorre o prazo para o cambio de entidade médica privada ou pasarse á sanidade pública sen que a Mugeju explique e publique os importantes cambios habidos no Concerto sanitario, decidiu convocar estas asembleas para informar a todos os traballadores destes novos recortes.

A asemblea virán os compromisarios por Galicia da Mugeju que serán os que vos expliquen o novo concerto sanitario.

Ourense: 
  • 20 de xaneiro: 09:30 horas na sala de Vistas da Audiencia Provincial
Ferrol:
  • 21 de xaneiro: 13:30 horas na sala de Vistas de 1ª Instancia nº 2
Lugo: 
  • 23 de xaneiro: 09:30 horas (lugar a determinar)