A Plataforma Sindical solicita unha Mesa Sectorial urxente co Conselleiro Sr. Rueda para negociar o proxeto de I.T (Baixas Laborais)


20 dic 2013


CC.OO, UGT, CSIF, CIG, solicitamos a presencia na seguinte Mesa Sectorial do Conselleiro Alfonso Rueda para  poder explicarlle a discriminación que o Decreto que regula as baixas laborais en Galicia  é discriminatorio con respecto a Xuíces e Fiscais e ataca de maneira directa ó Dereito á Saude dos traballadores.
 Nesa Mesa explicarémoslle ó Conselleiro discriminacións coma as seguintes:
ü    Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por as enfermidades recollidas no R.D 2210/1995;
Gripe,Hepatite A, B, Vírica e Outras, Sarampelo, Tos Ferina, Varicela............. E así ata alcanzar 38 enfermidades de declaración obligatoria según o Ministerio de Sanidade.
 OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA por esas mesmas enfermidades sufriremos TERAN o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15€ aprox).

ü    Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos pola interrupción voluntaria do embarazo no primeiro trimestre de xestación por indución farmacolóxica.
 AS FUNCIONARIAS DE XUSTIZA por esa mesma interrupción do embarazo TERAN o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15€ aprox).

ü    Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos polos procesos de incapacidade temporal iniciados durante os tratamento mediante técnicas de reprodución asistida.
AS FUNCIONARIAS DE XUSTIZA por estas mesmas situacións de incapacidade temporal TERAN o desconto do 50% do soldo os 3 primeiros días (30€ aprox) e o 25% do 4º ó 20º(15€ aprox).

ü    Mentres os Maxistrados e Fiscais NON TEÑEN descontos por procesos oncolóxicos.
OS FUNCIONARIOS DE XUSTIZA TERAN desconto se o proceso oncolóxico non conleva TRATAMENTO.

ü    Mentres os FUNCIONARIOS DE XUSTIZA DE NAVARRA E ARAGÓN, CC.AA gobernadas polo P.P, TEÑEN a mesma regulación que Maxistrados e Fiscais.
OS FUNCIONARIOS GALEGOS ESTAMOS DISCRIMINADOS

SUBSTITUCIÓNS VERTICAIS
A Director comprometeuse a convocar unha Mesa sobre a regulación das substitucións verticais co fin de buscar unha solución o cobro do 100% das retribucións do corpo substituído é así cumprir coa máxima A IGUAL TRABALLO, IGUAL RETRIBUCIÓN.

DÍA DE ASUNTOS PARTICULARES DE MONTORO

A Xunta concederá o día de asuntos particulares de Montoro unha vez que se publique no BOE.