Vigo. CCOO solicita que se habilite unha oficina para os reforzos do Xulgado do Social


4 oct 2013


 SR DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA DE GALICIA
Praza de Europa nº 5-A
15707 Santiago de Compostela


O pasado día 01 de outubro foron nomeados dous novos funcionarios  para o xulgado de reforzo dos órganos  Sociais de Vigo. Con esta ampliación do cadro de persoal se poderán executar as sentenzas ditadas por este reforzo  e os recursos,  o que levará implícito unha axilidade na resposta que necesitan moitos traballadores despedidos e que acoden ós xulgados da xurisdición social como último amarre  á difícil situación que están atravesando.
É evidente que celebramos esta medida pois non é máis que recoñecer o que os traballadores do Social e CC.OO viñamos esixindo dende o primeiro momento, case que un ano atrás.
Se ben celebramos que o xulgado de reforzo leve a tramitación dende a presentación de demandas ata o remate final do procedemento, a fin de que sexa realmente una medida de reforzo, non é menos certo que os compañeiros, secretario xudicial e maxistrado que conforman este xulgado  están diseminados polos distintos órganos do edificio xudicial vello de Vigo, o que non é de recibo e sobre todo eficiente cara o Servicio Público e a mecánica do traballo .
Para que a efectividade de esta medida sexa adecuada solicitamos que se habilite unha oficina xudicial a fin de que todos os compañeiros estén na mesma, o que nos aforraría disfuncións de futuro. Sendo o único caso que ocorre en toda Galicia, xa que no xulgados de reforzo das preferentes se habilitou unha oficina para todos os que conforman o reforzo, urximos que de maneira inmediata se proceda a dita solicitude.
Vigo, 4 de outubro de 2013
                                     
                                      Pablo Valeiras Rios

                            Responsable do Sector de Xustiza de Galicia