Esiximos a convocatoria de Mesa Sectorial


24 oct 2013



CC.OO-USO-UGT-CSIF-CIG, (Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Galicia) decidimos non acudir a Mesa de Acción Social que terá lugar en Santiago o próximo día 24 de Outubro.

Os Sindicatos decidimos non só non asistir a mesma, senón presentar un escrito esixindo a convocatoria inmediata dunha MESA REAL DE NEGOCIACIÓN onde se podan tratar todos os temas que preocupan os traballadores.

·         Descontos Incapacidade Temporal (I.T). desconto do 50% os 3 primeiros días (30€ aprox.) e do 25% (15€ aprox.) do 4 ó 20
·         Amortización de 106 prazas de facto en Galicia (Audiencias Provinciais, Xulgados de Paz, Contenciosos, etc.)
·         Eliminación do 4% da masa salarial (equivalente o 60% da paga extra) dos anos 2013 e 2014, entre 850€ e 2500€, levado adiante por o Sr. Núñez Feijoo ( o da Champions League).
·         Eliminación Acción Social, elimináronse 3 programas de axudas.
·         O Cobro do 100% nas Substitucións Verticais. Compromiso da DXX en Mesa Sectorial cos Sindicatos.
·         A implantación da nova oficina xudicial.

Participar en calquera Mesa de Negociación que non trate estes temas non tería sentido, sobre todo cando levamos 3 semanas facendo asembleas cos traballadores, cunha participación espectacular, explicándolle os RECORTES (galegos e estatais) e SOLICITANDO o seu APOIO a calquera medida decidida por todos, para obrigar a Admón. a que de un paso atrás.

A resposta máis inmediata á falta de interese da DXX e o Sr Rueda de Negociar será a Concentración que faremos diante do TSXG o próximo día 25 de Outubro, coincidindo coa apertura do ano Xudicial en Galicia.


ACUDE E PARTICIPA NA CONCENTRACIÓN DIANTE DO TSXG O PRÓXIMO DÍA 25/10/13 AS 12.00 HORAS