SECRETARIA DE GOBIERNO DO TRIBUNAL
SUP. XUSTIZA DE GALICIA.
Pza. Galicia s/n
15004 A Coruña
Estimado Sr./Sra:
Estando a piques de publicarse a nova bolsa de funcionarios sustitutos de Secretarios de
Galicia, (recordarlle que CCOO recurriu as bases dado que discrimina por completo aos xestores
procesuais fronte ao resto na baremación), dende o Sector de Xustiza de
Comisións Obreiras de Galicia expoñemos o acontecido ata o de agora a fin de
cambiar a situación lamentable que non é de recibo en pleno século XXI e polo
tanto reivindicamos.
Ata o momento actual a nefasta xestión da bolsa de secretarios substitutos
trouxo como consecuencia unha opacidade
que fai que os integrantes das mesmas non poidan saber nin o lugar que
ocupan na mesma, nin a puntuación nin as expectativas que se lles presentan
para saber cando van ser chamados.
Esta opacidade non é propia dunha Administración moderna, áxil e eficaz, e
non sementa máis que as sospeitas de
caciquismo e prácticas irregulares nos chamamentos, se non hai
transparencia córrese o risco de que os infundios da sombra da corrupción
planeen sobre a xestión desas bolsas, aínda que sexan incertos. Polo tanto non
só hai escurantismo, senón tamén unha irresponsabilidade latente que dana a
imaxe dos procesos de selección da administración.
Dende o Sector de Xustiza de CCOO non podemos comprender, e os
traballadores tampouco, como na intranet de Xustiza todos os integrantes das
bolsas de interinos de auxilio xudicial,
tramitación procesual e xestión procesual teñan unha información detallada e
actualizada ao día do estado das bolsas, os chamamentos, a situación de cada
integrante na bolsa (traballando, suspensión temporal, etc.) e nunha bolsa como
a de secretarios sustitutos non ocorra o mesmo, e case hai que pedir
audiencia aos secretarios coordinadores provinciais para saber como van os
chamamentos.
Instamos que de maneira urxente:
1- Que entre o TSX
de Galicia, a Xunta de Galicia e Amtega se subscriban os oportunos convenios
de colaboración, de xeito que na intranet da Dirección Xeral de Xustiza,
coa publicación da nova bolsa, os integrantes da mesma dispoñan dun sistema de
acceso á mesma, similar ao sistema do resto de bolsas de interinos dos corpos
da administración de Xustiza.
2- Que a Secretaria
de Goberno do TSXG dite as instrucións
oportunas a fin de que, en tanto non haxa a devandita aplicación
informática na intranet, os secretarios coordinadores poñan á disposición dos
integrantes das bolsas información fluída e renovada periodicamente sobre o
estado das mesmas, nun ficheiro informático e accesible para todos.
Vigo, 18 de outubro de 2013
Fdo: Pablo Valeiras Ríos
Coordinador de CCOO Xustiza de Galicia