O
pasado marzo remitiuse á Dirección Xeral de Xustiza, asinado polo 100% do cadro de persoal do corpo de auxilio dos Xulgados de
Ferrol, escrito coas seguintes reivindicacións:
Ø Case que a totalidade
dos Xulgados de Ferrol dispoñen, no seu cadro de persoal, dun só funcionario do
corpo de auxilio.
Ø Cando un destes funcionarios/as
se atopa de baixa por enfermidade, a Delegación Territorial de Xustiza, ten por
costume facer atribucións de funcións
sistemáticas a outro funcionario do mesmo corpo doutro xulgado, deixando
desasistido o servizo.
Ø As atribucións fanse de xeito indiscriminado, son
extemporáneas (en moitos casos no mesmo día) e alteran o ritmo de traballo dos
xulgados, xerando situacións de conflitividade cos superiores xerárquicos.
Ø O mal chamado plan de
reordenación (amortización en toda regra) de abril 2012 da Dirección Xeral
contemplaba a creación de prazas do Servizo de apoio, e polo tanto, para evitar
distorsións innecesarias no traballo, esixen
a creación dunha praza de apoio adscrita ao decanato que realice todas as
atribucións de funcións da localidade.
Ø En tanto isto non
suceda, e dado que o sistema de quendas e de imposible aplicación en Ferrol,
por só ter un funcionario de auxilio por xulgado, que se retribúan as
atribucións feitas, por supoñer unha discriminación flagrante: a mesmo
traballo, mesmo soldo
Ø Que se modifique a orde de substitucións co fin de ter
unha base legal na que articular a defensa ante supostas irregularidades.
Seis meses despois, e
tras sucesivas mesas de negociación, segue sen haber resposta por parte da
Dirección xeral, o que demostra a súa preocupación polo cadro de persoal e, por
extensión, polo servizo público.
Reiteramos no día de
hoxe a solicitude que, de non ser atendida, implicará a adopción doutras
medidas que pasen pola mobilización ou a exposición pública do problema.
A amortización de prazas
efectuada nas Audiencias, Xulgados de Instrución, Contenciosos e Xulgados de Paz,
foi chamada pola Dirección Xeral como unha reordenación, xa que as prazas
amortizadas suporían a creación doutras, para consolidar reforzos e crear
apoios. O tempo ven en darnos a razón, xa que máis alá do electoralismo dos
Xulgados das preferentes, ningunha destas prazas foi creada, e cando son os
propios traballadores por unanimidade os que poñen a urxencia manifesta da
creación dunha praza de apoio esta cae en saco roto, desprezando a Dirección
Xeral o criterio do que mellor coñece o servizo público, o traballador.
Instamos á Dirección
Xeral a adoptar as medidas oportunas para que se cree unha praza do servizo de
apoio no decanato de Ferrol.
Ferrol,
17 de setembro de 2013