A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO convoca dous Cursos de linguaxe administrativa superior


4 sept 2013




No Plan de Formación Continua da FSC-CCOO de Galicia previsto para o segundo semestre de 2013, convócanse dous cursos de linguaxe administrativo superior. 
Lembrarvos que os devanditos cursos son convalidables co Curso superior de linguaxe xurídica, en virtude do artigo 5 da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.
 Os cursos, de 75 horas, son na modalidade de teleformación e impartiranse dende o 28 de outubro ata o 22 de decembro, debendo superar  un exame presencial en xaneiro. Hai 30 prazas por edición. Son cursos gratuítos e o prazo de inscrición remata o 9 de outubro. Para inscribirse nos mesmos é necesario cubrir a instancia que podedes descargar no seguinte enlace  que debe ser entregada ou enviada por correo ás unións comarcais de CCOO.

Destinatarios dos cursos e documentación necesaria:
- Empregados e empregadas públicas (Administración do Estado, Autonómica e Local) que estean en situación de servizo activo no momento de iniciarse a acción formativa, independentemente do tipo de contrato que manteñan coa administración (persoal funcionario, interino, laboral temporal ou fixo).
Fotocopia do D.N.I.
Certificado de ser empregado/a publico/a expedido polo centro de traballo durante as datas de inscrición.(Poderá ser substituído pola fotocopia dunha nómina recente).