A contabilidade oficial 'hackeada' de todo o PP permite coñecer que en Galicia os conservadores ingresaron donativos por máis de 100.000 euros en 2011. En 2007 ingresaron máis de 231.000 euros, cartos que aseguraron non poder devolver porque non tiñan nin idea quen llos pagara.
A contabilidade 'hackeada' ao PP permite coñecer os donativos recibidos polos conservadores galegos nas últimas dúas décadas. O PP non desmentiu de que se trate dos documentos oficiais remitida ao Tribunal de Cuentas. De feito, varios tomos aparecen asinados por Luís Bárcenas.
En Galicia, só en 2011 os donativos suman 100.300 euros. Aparecen donativos a nome dos aparatos provinciais da Coruña, Ourense e Pontevedra.
O PPdeG dille ao Tribunal que non sabe quen lle donaba
Quen aportou eses 100.300 euros en plena crise? Nos balances de 2011 non figuran os donadores. Iso malia que hai catro anos antes o Tribunal de Cuentas repredendera ao PPdeG por precisamente iso, non identificar a quen lle dá cartos.
En 2007 o ente que fiscaliza as contas dos partidos descubriu 231.400 donativos anónimos do PPdeG. Os conservadores admitiron abertamente que non tiñan nin idea quen lles dera ese diñeiro polo que non podían devolvelo.
Segundo escribe o Tribunal de Cuentas, no PPdeG botáronlle a culpa aos bancos e ao cambio de normativa:
En respuesta a las aclaraciones solicitadas respecto a la existencia de dichos donativos anónimos, producidos en la sede regional de Galicia, el partido ha señalado que, si bien en dicha sede se abrieron cuentas específicas, según dispone la citada Ley Orgánica, paralelamente se mantuvo abierta la antigua cuenta de donativos lo que ocasionó que se siguiesen recibiendo ingresos de los que desconoce su origen e identidad; y añade que la falta de aplicación por parte de la entidad financiera de lo dispuesto en el artículo 4.2 e)1 ha impedido la retrocesión de las aportaciones recibidas. El partido justifica la existencia de estos donativos hasta el cierre del ejercicio al interpretar que durante todo el año 2007 existía flexibilidad para adaptarse a la nueva norma, motivada por la dificultad de detener la práctica habitual inmediatamente y por la exigencia de trámites internos (apoderamientos, elaboración de instrucciones, etc.
Nas mans de Bárcenas e Pablo Crespo
O ataque informático permite coñecer a 'Caixa A' do partido no Goberno. Se existe ou non unha 'caixa B' alimentada pola trama Gürtel é algo que investiga a Audiencia Nacional.
El Mundo publica parte dos orixinais do ex-tesoureiro Luís Bárcenas, referida ao ano 1999. Nesta presunta contabilidade paralela aparecen numerosas donacións en negro, varias delas identificadas como procedentes de "Galicia". Algúns donativos de Galicia foron realizados cando o responsábel das contas do PPdeG era Pablo Crespo.
O imputado ex-número 3 do PPdeG amenazou recentemente tamén con tirar da manta. Na súa man está demostrar se a contabilidade oficial agora 'hackeada' era en realidade, como apunta Bárcenas, unha máscara para ocultar o financiamento ilegal dos conservadores.
Publicado o 09/07/2013 en www.galiciaconfidencial.com
Enlace permanente: pica aquí