Dende hoxe, o horario de atención aos usuarios prestarase dende as 7.30 horas
O Centro de Servizos aos Usuarios de Xustiza (CSU) ampliou dende hoxe o servizo en media hora para poder atender as demandas feitas polos usuarios. Deste modo, o servizo prestarase, de forma ininterrompida, dende as 07.30 horas ata as 20.00 horas, de luns a venres.
Esta ampliación do CSU faise despois de constatar que dende as 07.30 horas se rexistraban moitas chamadas dos usuarios, sobre todo relacionadas con cuestións do sistema de fichaxe Kronos. Deste xeito, as peticións quedan rexistradas e poderán ser atendidas.
Publicado o 03/04/2013 en intranet.xustiza.es (só accesible dende o posto de traballo)
Publicado o 03/04/2013 en intranet.xustiza.es (só accesible dende o posto de traballo)