Secretarios: Convocatoria bolsa de traballo de substitutos e inicio de curso teórico práctico P.I. 2011


7 mar 2013



1) CONVOCATORIA BOLSA DE TRABALLO DE SECRETARIOS XUDICIAIS SUBSTITUTOS

Según pudemos coñecer é máis que probable que o vindeiro mes de abril se convoque a bolsa de traballo de secretarios xudiciais substitutos. A convocatoria a realizará o Ministerio de Xustiza e será unha convocatoria única para todo o territorio nacional e as solicitudes se realizarán nunha única instancia na que se marcará a provincia de prefencia.


2) INICIO CURSO TEÓRICO-PRÁCTICO OPOSICIÓNS SECRETARIOS XUDICIAIS, P.I., OPE 2011

O curso teórico-práctico do proceso selectivo para acceso ao Corpo de secretarios xudiciais, turno promoción interna, OPE 2011, é máis que probable que se inicie ao redor do 6 ou 13 de maio.