Implantado o sistema de fichaxe Kronos en todas as sedes xudiciais de Galicia e xulgados de paz


4 mar 2013



Dende o pasado venres  está operativo en todas as sedes xudiciais de Galicia o sistema de fichaxe no posto de traballo, despois da implantanción nos xulgados de Vigo e Ourense e nos xulgados de paz con persoal funcionario.
Deste xeito, o anterior sistema de xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura,deixará de ter efecto,  unha vez que se habilitou a fichaxe no PC do posto de traballo do sistema Kronos.
As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedan desactivadas e o único sistema válido para efectos de xustificación do cumprimento do horario será a fichaxe no PC do posto de traballo. No caso de non dispoñer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo.
A  implantación deste sistema de control horario iniciouse no mes de novembro nas sedes xudiciais en Santiago de Compostela. En decembro estendeuse aos xulgados de Cangas, e ao longo dos meses de xaneiro e febreiro foise estendendo aos demais xulgados, agás aos de Vigo e Ourense e aos xulgados de paz, que entraron hoxe en funcionamento.
Nesta intranet atópase á disposición dos usuarios unha guía de uso e unha relación de preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.

Publicado o 01/03/2013 en intranetxustiza.xunta.es