No día de hoxe remitiuse á Dirección Xeral de Xustiza,
asinado polo 100% do cadro de persoal do
corpo de auxilio dos Xulgados de Ferrol, escrito que contén as seguintes
reivindicacións:
Ø Case que a totalidade
dos Xulgados de Ferrol dispoñen, no seu cadro de persoal, dun só funcionario do
corpo de auxilio.
Ø Cando un destes funcionarios/as
se atopa de baixa por enfermidade, a Delegación Territorial de Xustiza, ten por
costume facer atribucións de funcións
sistemáticas a outro funcionario do mesmo corpo doutro xulgado, deixando
desasistido o servizo.
Ø As atribucións fanse de xeito indiscriminado, son
extemporáneas (en moitos casos no mesmo día) e alteran o ritmo de traballo dos
xulgados, xerando situacións de conflitividade cos superiores xerárquicos.
Ø O mal chamado plan de
reordenación (amortización en toda regra) de abril 2012 da Dirección Xeral
contemplaba a creación de prazas do Servizo de apoio, e polo tanto, para evitar
distorsións innecesarias no traballo, esixen
a creación dunha praza de apoio adscrita ao decanato que realice todas as
atribucións de funcións da localidade.
Ø En tanto isto non
suceda, e dado que o sistema de quendas e de imposible aplicación en Ferrol,
por só ter un funcionario de auxilio por xulgado, que se retribúan as
atribucións feitas, por supoñer unha discriminación flagrante: a mesmo
traballo, mesmo soldo
Ø Que se modifique a orde de substitucións co fin de ter
unha base legal na que articular a defensa ante supostas irregularidades.
Ferrol, 15 de marzo de 2013