Publicado o novo Manual de usuario do módulo de control horario do sistema OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), que amosa a información das marcaxes rexistradas no sistema de fichaxes e permite ao persoal obter saldos diarios e balances mensuais das horas realizadas.
Este novo manual da OPAX (enlace só accesible dente o posto de traballo) tamén explica como facer a xestión das incidencias que se rexistren no control horario, como facer as marcaxes cando non se posúa a tarxeta ou a xestión de diferentes solicitudes persoais (flexibilización, reducción ou compensación da xornada).
O documento tamén explica ao persoal funcionario como consultar:
- Información do mes actual (Marcaxes realizadas na semana; no mes; control horario fixo no mes, xustificacións no mesmo mes).
- Marcaxes feitas nos últimos dous meses
- Datos históricos dos últimos 12 meses.