A Dirección Xeral de Xustiza agóchase detrás de porcentaxes para non cuantificar, alegando incompetencia, as cantidades que van suprimir aos/ás traballadores/as
Tras oito meses sen Mesa sectorial, o Director Xeral converte a mesa na crónica dunha morte anunciada: non pensan devolver nin un céntimo da paga extra suprimida ilegalmente, contravindo a LOPX entón vixente, nin tan sequera o mes e medio xa devengado e recoñecido por sentenza xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. Para iso aduce argumentacións peregrinas e irrisorias como " os funcionarios de xustiza queren cobrar a extra, mentres ao resto de funcionariado da Xunta llela quitan". Non se da conta o Director que o único que esiximos e o cumprimento da legalidad e o acatamento de sentenzas que, se ben non afectan ao noso eido, aforrarían custos xudiciais a nós e a administración.
Quedou confirmado tamén o que xa fora adiantado polas OOSS en follas informativas e asembleas: o desconto do 4,26% da masa salarial por parte do Goberno de Nuñez Feijoo. Agora ben, non falicitou documentación, nin tan sequera coñecementos certos das cantidades exactas, a expensas do que lle ordenen dende a Dirección Xeral de Orzamentos, limitandose a manifestar: "a auxilio e tramitación suprimiráselles o CAT das pagas ordinarias de xuño e decembro, os xestores necesitarán algo máis".
As cinco organizacións sindicais arriba asinantes, únicos interlocutores válidos coa Administración queren deixar claro que o cinismo da DXX é lamentable pois, mediante unha obra mestra de enxeñería financeira, pretenden facer o desconto do 4.26% no CAT pero tomando como base a cantidade global que percibimos, que excede a súa competencia, xa que o soldo base é competencia estatal, e que argumenta con que os cartos transferidos polo Estado son incondicionais, é dicir o mesmo poden servir para pagarnos que para facer un parque temático ou unha verbena.
O descontrol da Administración chega a grados extremos pois eran descoñecedores de que o anticipo do 50% da paga extra, solicitada por moitos traballadores no mes de xaneiro, non se fixera ben. A Dirección Xeral se comprometeu en solucionar o problema.
A única parte positiva, sen dúbida apretado polos seus maiores, xa que a súa neglixencia chegou incluso a debate no Parlamento de Galicia, é a concreción dun calendario de mesas para tratar a nova bolsa de interinos, orde de permisos e licencias (a administración a petición sindical dará a posibilidade de coller días de vacacións soltos), orde de fichaxe, orde de substitucións (a petición das OOSS, que sempre defendemos a igual traballo, igual retribución), protocolo de enfermidades que dan a lugar a descontos por IT, e demais temas pendentes. Resulta máis que coincidente esa ansia de traballo despois de oito meses sen negociación intencionada, e seguro viuse obrigado pola presión sindical e política, interpelación AGE.
CONCURSO DE TRASLADO: Confírmase que haberá concurso e que nos darán con carácter previo as prazas vacantes para alegacións. Sairán no mesmo cinco prazas de nova creación. 2 de tramitación en Lalín. 2 de tramitación en Viveiro e unha de auxilio en Sarria.
COMUNICACIÓN DAS AUSENCIAS. No novo calendario laboral a DXX quere dar unha nova volta de torca aos funcionarios de xustiza de Galicia, ao pretender impoñer a presentación da xustificación en calquera caso e dende o primeiro día. Criminalizan as nosas condicións de traballo que as organizacións sindicais desta plataforma non imos consentir.
Desconto
proposto pola DXX
|
||
4, 26% da masa salarial, nun abano que vai do 4,10% para o corpo de
auxilio ata un 5% para o corpo de xestión, dependendo do corpo e destino.
|
Auxilio e
Tramitación
|
Xestión
|
CAT de xuño e decembro
|
CAT de xuño e decembro + prorrateo nos meses restantes
|