Logo da xuntanza mantida o 24 de xaneiro coa voceira de AGE, e ante o asombro fronte a falta de negociación do Director Xeral de Xustiza coas organizacións sindi-cais, e en consecuencia, o desprezo absoluto cara aos traballadores e traballadoras da xustiza, o grupo parla-mentar fíxose eco das nosas reivindicacións e ven de presentar as seguintes interpelación e preguntas:
(Casualmente, no día de onte a DXX remitiunos a convocatoria da mesa sectorial para o vin-deiro 7 de febreiro, pero eso sí, sen concretar aínda a orde do día. A bo entendedor...)
Á MESA DO PARLAMENTO
A deputada Yolanda Díaz Pérez do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 147 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte INTERPELACIÓN, relativa a situación de bloqueo do diálogo social cos traballadores e traballadoras públicas de xustiza.
O Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda é coñecedor da situación inaceptable que desen-cadea o goberno da Xunta de Galicia ao impoñer sen negociación nin diálogo social toda unha serie de medidas que lesionan e eliminan os dereitos en materia laboral das traballadoras e traballadores da admi-nistración de xustiza.
Un goberno, o de Feijóo, que dada a súa condición de destroyer social prefire evitar o mal trago de ter que escoitar as razón da representación sindical das traballadoras e traballadores. Non xa chegar a algún tipo de acordo, que semella fóra da folla de destrución social que seguen os homes de negro que detentan a administración pública galega; estamos no estadio da negativa a dialogar e informar, estadio dexenerativo para calquera goberno que se repute democrático.
Atopámonos diante dunha situación de sistemáticas retalladas nos dereitos laboráis consolidados das traba-lladoras e traballadores namentras non se clarexan no órgano pertinente, a Mesa Sectorial de Xustiza, toda unha serie de extralimitacións respeito incluso da propia lei.
E se requiere explicar toda outra serie de cuestión de aplicación dos marcos legais de recortes aprobados polos gobernos do PP. E mais unha serie de reclamacións que fan os traballadores e traballadoras do sec-tor para mellorar a administración de xustiza.
Xa que logo, o Grupo Parlamentar de Alternativa galega de Esquerda formula a seguinte
INTERPELACIÓN:
- Non contempla o goberno da Xunta de Galicia convocar a Mesa Sectorial de Xustiza a maior brevidade para clarexar e acordar coa representación lexítima das traballadoras e traballadores?
- Vai o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza reprobar ao Director Xeral de Xustiza, o Sr. Juan José Martín, pola manifesta e probada deixadez de funcións?
- Que medidas contempla adoptar o goberno da Xunta para evitar danos e retalladas engadidos ás xa acordadas no RD-L 20/2012 e no proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia?
- Non vai a Xunta de Galicia a dotar a creación de prazas de servizo de apoio na cidades onde se suprimiron prazas nas audiencias provinciais, e de non ser así, cal é o destino do diñeiro público xa orzamentado para esas prazas amortizadas?
- Ten previsto a Xunta de Galicia algún plan de reordenación do persoal do Rexistro Civil cando se lles entregue libre de po e palla aos Rexistradores da propiedade?
- Desbota cumprir a Xunta a creación de novos xulgados segundo as previsións contidas no plan de infraestruturas xudiciais?
- Renuncia a Xunta de Galicia a implantación da nova oficina xudicial ao destinar pouco máis de 40.000 € para o seu desenvolvemento, e considera útil a política das taxas disuasorias fronte á procura da eficiencia do servizo público?
Compostela, 30 de xaneiro de 2013.
Asdo: Yolanda Díaz Pérez
Vicevoceira do GP de AGE
Vicevoceira do GP de AGE
---------------------
Á MESA DO PARLAMENTO
A deputada Yolanda Díaz Pérez do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte PREGUNTA para a súa resposta oral na Comisión.
En atención ao impacto negativo que poida ter para a cidadanía galega ao proxecto gobernamental de mo-dificación da planta xudicial así como do rexistro civil e outras reformas, coa conseguinte redución de par-tidos e o seu impacto para o emprego e o afastamento dos órganos xurisdicionais respecto da cidadanía, coas conseguintes perdas socioeconómicas para as vilas que perdan o partido xudicial e, sobre todo, para a vecindade.
Xa que logo, formúlase a seguinte PREGUNTA:
Non vai crear a Xunta de Galicia unha comisión de estudo, formada por representantes dos grupos políticos, xuíces, fiscais, avogados, procuradores e sindicatos, que permita analizar e avaliar as necesidades da ad-ministración xudicial galega para a delimitación da nova planta xudicial e a eliminación dos Rexistros Civís como servizo público, gratuíto e universal, ao obxecto de que estas conclusións se trasladen á administra-ción pública competente para delimitar con criterios de racionalidade e respecto aos dereitos da cidadanía a contar cunha administración de xustiza achegada, de xeito que informen os ulteriores cambios na planta xudicial que se produzan e así poder dende unha fronte común facer medidas de presión ante o Ministerio de Xustiza que garantan o servizo na nosa Comunidade cunha idiosincrasia xeográfica e social particular, así como a protección dos fortes investimentos públicos realizados na planta xudicial .
Compostela, 30 de xaneiro de 2013
Asdo: Yolanda Díaz Pérez
Vicevoceira do GP de AGE