DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA GALICIA
Praza de Europa nº 5-A 4º Andar.
Santiago de Compostela.
Hai máis de oito meses que a Mesa Sectorial de Xustiza non é convocada,
cuestión que non foi óbice para que a Xunta de Galicia non pasara o rodillo
sobre os Dereitos dos traballadores e que en datas recentes se anunciara, primeiro
nos medios de comunicación e posteriormente aos Sindicatos, máis recortes “made in Galicia”, redución do 4%
da Masa Salarial no ano 2013, todo iso a pesar de que “Galicia está mellor que o resto das comunidades”, segundo
palabras do propio Sr. Nuñez Feijoo.
É evidente que os recortes non os compartimos, pero non podemos menos que
esixir que de maneira inmediata se convoque unha Mesa Sectorial para aclarar
varios temas:
1.- Eliminación da Paga Extra: A pesar de solicitarse a Mesa para explicar a aplicación desta medida,
cando aínda non se modificara a L.O.P.J, vostede nin convocou e moito menos
contestou á petición, a raíz da súa "mala praxe" provocáronse os
seguintes problemas que deben ser solucionados:
- Supresión da paga extra aos traballadores que non alcanzaron as
cantidades mínimas recollidas en el R.D Ley 20/2012.
- Supresión da paga extra aos funcionarios que acaban de chegar no
recente Concurso de traslados doutros Territorios, onde xa estaban a
sufrir, por parte da Administración competente, a retención da parte
proporcional da paga extra.
- Devolución de xeito
inmediato das cantidades, que tras a reclamación ante o Ministerio de Facenda, recoñece que aos funcionarios de Xustiza non se nos pode reter o 100% da
paga extra. Este recoñecemento publicouse no BOE, precisamente na Lei de Taxas
Xudiciais (Disposición final cuarta) contra a que estamos a loitar.
2.- Redución do 4%
do soldo para o 2013: A información filtrada,
entregada aos medios de comunicación non é unha forma de negociación aceptada
por esta PLATAFORMA SINDICAL. Tampouco nos vale que se levase á Mesa Xeral de
Función Pública, porque como moi ben sabe temos unha Mesa de Negociación
propia, aínda que ultimamente non teña costume de convocala.
Débennos explicar se se van aplicar aos funcionarios da Administración de
Xustiza ou non e, de aplicarse, en que conceptos, en que prazos, en que
contías, etc.
3.- Adaptación da
Orde de permisos e licencias, para dar cabida as
últimas modificacións introducidas ( referentes ó disfrute das vacacións,
permisos, baixas, licencias, reducciións de xornada por garda legal, etc) ,
trala modificación da LOPX, Resolución de 28-12-2012 da Secretaría de Estado de
Admons Públicas, Orden HAP/2802/2012 (días de ausencia sen deducción de
retribucións), etc.
4.- Sustitucións
entre titulares, co obxecto de regularizar as mesmas , tralas
últimas resolucións xudiciais.
5.- Nova orde
interinos.
Por todo o antes exposto, TODOS OS SINDICATOS CON REPRESENTACIÓN NA MESA
DE NEGOCIACIÓN, esiximos a convocatoria
de xeito inmediato dunha Mesa Sectorial,
para tratar todos estes asuntos e todos aqueles que temos pendentes dende hai
máis dun ano (creación de prazas servizo de apoio na cidades onde se suprimiron
prazas nas Audiencia provinciais como consecuencia concurso de traslado,
creación de xulgados, aplicación do R.D. Lei 20/2012, etc...)
Galicia, 22 de xaneiro de 2013