CCOO, sector Xustiza, conmina á Dirección Xeral a que poña os medios de vixilancia para que os traballadores dos Xulgados do Contencioso e do Mercantil da Coruña poidan acollerse á posibilidade de fichar ata as seis e media nas mesmas condicións que o resto de funcionarios de Xustiza
DIRECTOR XERAL DE XUSTIZA GALICIA
Praza de Europa nº 5-A 4º Andar.
Santiago de Compostela.
Como ven anunciado na Intranet, o vindeiro 1 de febreiro de 2012 o novo sistema de fichaxe Kronos comezará a funcionar en todos os Xulgados da Coruña.
No edificio Proa, sede dos Xulgados do Contencioso e dos Xulgados do Mercantil, ao non ser un edificio público, non existe vixilancia prestada por Policía Nacional ou Guarda Civil, como nos grandes edificios xudiciais, se non que é seguridade privada, que fai só horario de mañá, de oito a tres, permanecendo pechado o edificio fóra de ese horario.
A devandita circunstancia impide aos traballadores e traballadoras poder cumprir o horario nas mesmas condicións que o resto de funcionarios, xa que logo vense impedidos para poder realizar horario ata ás seis e media, como así permite a Orde do 7 de novembro de 2012 sobre os horarios e o calendario laboral das oficinas da Administración de xustiza en Galicia para 2012, negociada por vostede mesmo. O caso das persoas que teñen flexibilidade horaria é aínda máis grave, toda vez que non poden exercer tal dereito, e vense constrinxidos ao horario normal.
Polo tanto solicitamos:
- Que se adopten as medidas oportunas para que os funcionarios e funcionarias de xustiza do edificio Proa poidan exercer os seus dereitos en canto ao horario e xornada, contratando vixilancia pública ou privada para que o poidan facer nas mesmas condicións de seguridade que o resto do cadro de persoal de xustiza.
A Coruña, 28 de xaneiro de 2013
Jorge Suárez e Raquel Estévez
Delegados do sector de CCOO-Xustiza da Coruña