Froito da política destrutiva deste goberno, cada vez son máis as familias que non teñen ningún tipo de ingresos e que se ven superadas polas circunstancias tan adversas que vivimos.
Neste contexto, ímos realizar unha campaña solidaria, que entregaremos ao Banco Provincial de Alimentos de Vigo.
Toda a representación sindical, afiliación e simpatizantes que o desexen, poden realizar a súa aportación solidaria, entregándoa nos locais sitos na rúa Teixugueras, 11 en Navia – Vigo, ou na rúa Atarela s/n do Porriño.
¡POLA DIGNIDADE PERSOAL!
¡POLOS DEREITOS FUNDAMENTAIS!
DÍAS 18,19 e 20 de decembro
HORARIO: de 09.30 h a 13.30 h
de 16.30 h a 19.30 h
LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO SINDICATO