A Dirección Xeral de Xustiza ven de facer pública unha comunicación na que autoriza, con carácter extraordinario, a posibilidade de que o persoal funcionario ao servizo da Administración de xusticia poida gozar dos días de asuntos propios sen xustificación e días de vacacións pendentes ata o día 31 de marzo de 2013.
Esta medida está xustificada polos "movementos e desocupacións temporais" que están a provocar a incorporación gradual de funcionarios a os novos postos por mor do concurso de traslados e a resolución de procesos selectivos e de promoción interna nos diferentes corpos da Administración de xusticia.
A Dirección Xeral de Xusticia sinala que esta circunstancia, que afectaría ao normal funcionamento dos xulgados e órganos xudiciais en calquera data, agrávase no mes de decembro cando o persoal disfruta habitualmente de días libres por asuntos particulares con ocasión das festas de Nadal.