O sistema de fichaxe Kronos nos Servizos Comúns e noutros centros de traballo sen un terminal por funcionario.


2 dic 2012


É inminente a expansión en toda Galicia do sistema de fichaxe Kronos (a partir do primeiro de decembro en todos os xulgados de Compostela) e a confusión da redacción das intruccións concretas de fichaxe na intranet de xustiza levantou moitas dúbidas entre os compañeiros, en especial no seguinte punto:

“O sistema de control horario permitirá ao persoal funcionario da Administración de xustiza na comunidade autónoma realizar a fichaxe de entradas e saídas dende o PC no que desenvolve as súas funcións.”

“O anterior sistema de fichaxe nas máquinas existentes nos edificios xudiciais quedará deshabilitado a partir da dita data. O único sistema válido para os efectos do control do cumprimento do horario desde ese momento será a fichaxe no PC do posto de traballo.” 

Dado que nos Servizos Comúns e noutros centros de traballo non hai un terminal por funcionario, e postos en contacto coa Dirección Xeral, convén aclarar: 

A fichaxe realizarase nun terminal do centro de traballo, e, nos casos anteriormente descritos, non é necesario reiniciar o ordenador compartido coa clave persoal de xustiza, coa conseguinte perda de tempo que conlevaría, senón que bastará con introducir a tarxeta e abrir a aplicación Kronos disponible na intranet na marxe superior esquerda, fichar e pechar a aplicación para permitir fichar a outro compañeiro/a sen apagar o PC.